viernes, 20 de mayo de 2011

Remata a campaña electoral


Quedan poucas horas para que finalice a campaña electoral e entremos no día de reflexión previo ás votacións nas que libremente os cidadáns tomarán as súas decisións.

Onte tivemos en Ourense, nun ateigado pavillón dos Remedios, o gran mitin no que interviñeron o presidente provincial, José Manuel Baltar, o candidato á alcaldía Rosendo Fernández e o presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijóo.

Rosendo refeiurse no seu discurso a que a máxima prioridade do seu goberno municipal será a creación de postos de traballo para que os ourensáns teñan un emprego estable na súa propia cidade.

Falou da necesidade de executar o plan estratéxico de termalismo e da integración ferroviaria en Ourense apostando por unha estación intermodal do AVE soterrada para conseguir acabar coa fractura entre os barrios da Ponte e O Vinteún, xerando solo dotacional e zonas verdes.

Tamén apostou por traballar para acadar a segunda gran transformación de Ourense, a terceira capital de Galicia

Feijóo criticou que o presidente do Goberno non viñese a Galicia en dous anos como presidente do Goberno e veña agora, en campaña electoral, a presentarse como alcalde en cada un dos 315 concellos de Galicia.

“Zapatero dixo en autonómicas que votar ao PSdeG era votarllo a él”, recordou. “Hoxe na Coruña non dixo o mesmo pero eu sí digo que votar os socialistas é votar a Zapatero do mesmo xeito que é votar a Zapatero votar ó BNG”. “Pois sí: hai que botalo, pero con b”, apuntou.

Ademais destas merecidas críticas ao presiente do goberno, Feijóo subliñou que non podemos seguir máis tempo cunha política que confunde as prioridades, que despista aos cidadáns, que fai da confrontación a súa bandeira, e se basea na improvisación e na frivolidade. E insistiu nos repetidos argumentos de austeridade, administración e cooperación.

Falou dnha política que se afasta dos cidadáns, que ten xerado cinco millóns de parados e o maior déficit público de Europa e que debe ser cambiada por outra que nos sitúe onde nos corresponde, onde merecen os cidadáns e no lugar do que nunca debemos saír: o do progreso, prosperidade e crecemento.

O domingo teremos a resposta dos electores.