martes, 3 de mayo de 2011

Debate sobre servizos e infraestructuras ferroviarias en Galicia


Hoxe tivemos no Congreso o debate dunha moción do BNG sobre os plans do Ministerio de Fomento no que respecta aos servizos e infraestruturas ferroviarias en Galicia.

Os deputados galegos redactamos unha emenda que o noso Grupo Parlamentario presentou coa finalidade de darlle un maior contido á citada moción. Finalmente chegamos a un acordo transaccional.

Os parlamentarios galegos do PP estamos razoablemente satisfeitos polo feito de que o Congreso dos Deputados aprobe hoxe reclamar ao Goberno que asegure o cumprimento do calendario que establece que a Liña de Alta Velocidade Olmedo-Santiago estea lista en 2015, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos en relación coa liña de alta velocidade Ourense-Vigo por Cerdedo e Ourense-Lugo. Estas últimas referencias faltaban no texto inicial do BNG.

Cremos que é de suma importancia que, a pesar das promesas do ministro de Fomento, vixíese estreitamente que o PSOE non estea de novo nunha huída cara adiante, xa que os galegos non consentirán un novo atraso nunha obra que xa foi atrasada polos socialistas demasiadas veces.

Recordamos que foi o Goberno do PP o que puxo a Galicia no mapa do AVE e non José Blanco, por moito que este empéñese en repetilo, e consideramos prioritario diferenciar as intencións dos feitos e, por iso apoiamos tamén que se impulsen as actuacións que permitan establecer un verdadeiro Eixo Atlántico desde Ferrol ata a Fronteira portuguesa, para facilitar a súa continuidade ata O Porto no momento en que as circunstancias económicas así o permitan.

En definitiva o GPP transaccionou con BNG e PSOE, para darlle maior contido, un texto de apoio á alta velocidade en Galicia, pero que tamén aposta por algunha das principais reivindicacións do PP nos últimos anos, como as proximidades ferroviarias e a reutilización das vías que quedarán en desuso coa entrada en funcionamento do AVE.

Confiamos que a Cámara Baixa exerza a súa función de control ao Executivo e evite que os socialistas volvan protagonizar unha huída cara adiante como a que xa no seu día se viu obrigado a recoñecer o propio José Branco respecto dos prazos da alta velocidade.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/05/04/0003_201105G4P10992.htm


http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/05/04/0003_201105G4P10993.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/congreso-insta-gobierno-cumplir-plazo-fijado-2015/idEdicion-2011-05-04/idNoticia-665300/