viernes, 15 de abril de 2011

Reclamamos a inmediata licitación da autovía Ourense-Ponferrada, A-76



A situación da autovía Ourense-Ponferrada A-76 foi o tema central que se abordou hoxe en Monforte, nunha reunión da comisión de seguimento da A-76.

A ela asistí acompañando ao candidato á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e tamén asistiron os voceiros municipais e candidatos ás alcaldías de O Barco e A Rúa, Moisés Blanco e Avelino García, respectivamente. Pola provincia de Lugo, acudiron o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o deputado nacional por esa provincia, Joaquín García Díez, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o voceiro municipal do PP en Monforte, Manuel López Eiriz, a candidata á Alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez, entre outros representantes populares. Como representación da provincia de León estivo o deputado nacional e alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco.

Despois da xuntanza, fixen de voceiro da mesma e dei conta de tres importantes pronunciamentos con respecto a situación da A-76:

1.- En primeiro lugar, os representantes populares denunciamos que os feitos acreditan que o Goberno do PSOE non ten cumplido o seu compromiso de considerar esta autovía coma prioritaria, así como incluila dentro do Plan de colaboración público-privado para garantizar a súa execución, tal e como defendin no Congreso dos Deputados o pasado 15 de decembro nunha Proposión Non de Lei que foi transaccionada e aprobada por tódolos grupos.

Expliquei como outras autovías cercanas como a A-66 entre Benavente e Zamora xa recibiron esa consideración, e que neste caso, xa o Consello de Ministros aprobou na súa reunión do 23 de decembro o compromiso de gasto necesario, con cargo a exercicios futuros, para licitar o contrato de concesión.

2.- Os representantes populares urximos a licitación do proxecto da A-76 e manifestamos que os problemas medioambientais non poden paralizar o conxunto da autovía, xa que ésta pode licitarse por tramos. Se ben é certo que hai problemas nun punto moi concreto (Serra da Enciña da Lastra) dos 150 kilómetros da vía debido ao impacto medioambiental do trazado, sería posible ir licitando a práctica totalidade dos tramos e avanzando se existise un compromiso real dos socialistas coa A-76.

3.- Por último, os representantes do PP en Ourense, León e Lugo afirmamos que hai suficientes exemplos de infraestructuras nas que a existencia dun problema medioambiental non impediu licitar e ir executando outros tramos, tal e como se pon de manifesto en exemplos coma a Autovía Santiago-Lugo (A-54), ou mesmo a redacción dos proxectos de plataforma do tramo Taboadela-Ourense do AVE, que corresponden ais tramos Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense, conformando os últimos 16,9 kilómetros de acceso á estación Ourense-Empalme, que sen Declaración de Impacto Ambiental nen estudio informativo aprobado, pese a todo se licitaron estes proxectos. Por último, tamén foi licitada a redacción do proxecto constructivo de plataforma do Eixo Atlántico de Alta Velocidade entre O Porriño e a fronteira portuguesa, que igualmente está pendente da Declaración de Impacto Ambiental.

De todo o anterior, concluimos que resulta evidente que o PSOE esta dando trato discriminatorio á A-76,infraestructura que os representantes populares consideramos prioritaria para a cohesión das comarcas de Ourense, Lemos, Valdeorras e O Bierzo, o que vería a significar unha mellor comunicación entre Galicia e Castela-León.

No que se refire as comunicacións ferroviarias abordamos na reunión a situación do estudio informativo do AVE entre Monforte e Ponferrada, que foi licitado en febreiro de 2003 e que non foi concluido ainda que transcurriron 8 anos.

De feito, pese a que era un compromiso do PEIT 2005-2020. contar con este servizo de altas prestacións, o Goberno socialista manifetou públicamente que non pensa executalo, e por elo, pregúntamonos cal será a alternativa prevista polo Goberno do PSOE.

Trátase dun tema relevante para as comunicacións entre Ponferrada e Monforte Valdeorras. É fundamental que o AVE chegue a Ponferrada, xa que dende alí – por cercanía - será onde podan utilizalo os valdeorreses.

Rosendo Fernández, na súa intervención, destacou que a autovía A-76, que une Monforte con Ponferrada, é de suma importancia para o desenrolo económico da cidade, xa que Ourense é o principal eixo social e económico desta área, o cal permitiría un maior crecemento económico artellado ao longo desta infraestructura.

Do mesmo xeito, os valdeorreses Moisés Blanco e Avelino García amosaron a súa preocupación pola desidia gubernamental con este importante proxecto para as comunicacións en Valdeorras, xa que hoxe en día a estrada N-120 resulta insuficiente para o desenrolo económico da comarca.

http://www.leonoticias.com/frontend/leonoticias/El-Alcalde-De-Ponferrada-Pide-La-Autovia-A-Orense-Para-El-Mu-vn70403-vst208

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=785476

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/04/16_02.htm

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/04/16/0003_201104M16C3991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/04/16/0003_201104M16C3992.htm
http://www.la-cronica.net/2011/04/16/el-bierzo/riesco-pide-al-gobierno-que-agilice-la-a76-de-cara-al-mundial-de-ciclismo-116805.htm