Na sesión do martes o noso Grupo Parlamentario defenderá unha Moción de apoio a Pemes e autónomos, que se debaterá o martes, pantexando medidas fiscais e de acceso ao crédito.
Na sesión de control do mércores, Mariano Rajoy preguntará a José Luís Rodríguez Zapatero polos últimos datos do paro logo dunha reforma laboral que se saldou coa destrución de medio millón de empregos, e a nosa portavoz, Soraya Sáenz de Santamaría farao ao vicepresidente primeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, polas improvisacións do Goberno en materia enerxética.
De gran importancia será a interpelación que un portavoz do noso Grupo fará á ministra de Medio, Rosa Aguilar, para que se adopten medidas de apoio ao sector gandeiro a fin de que salgan dunha situación critica debido, entre outras cousas, á subida descomunal do prezo dos pensos. Un tema que preocupa moito en Galicia donde as granxas e as explotacións gandeiras pasan un mal momento.
Na sesión matinal do xoves, debateremos a Convalidación ou derrogación de dous Reais Decretos-Leis.
Un é o R.D.L. 2/2011, de 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro e o outro o R.D.L. de 18 de febreiro, de medidas urxentes para a mellora da empleabilidade e a reforma das políticas activas de emprego.
E tamén veremos as emendas do Senado ao Proxecto de Lei de Orgánica Complementaria da Lei de Economía Sostible; e nese debate previsiblemente intervirei.
Una orde do día intensa e de gran actualidade; veremos que da de sí.