domingo, 6 de marzo de 2011

Un goberno racional copiaría o catálogo priorizado de fármacos da Xunta de Galicia


Onte despraceime aos actos de presentación por parte do presidente provincial Manuel Baltar dos candidatos populares en Maside e Carballiño, Casimiro Campo e Argimiro Marnotes, e que protagonizou o presidente do PP de Galicia Alberto Núñez, que dedicou boa parte das súas mensaxes á lamentable decisión do Goberno socialista de recorrer o catálogo priorizado de medicamentos e que provocou que o Tribunal Constitucional suspendera a sua aplicación.

Feijóo afirmou con rotundidade que un goberno racional copiaría o catálogo priorizado de fármacos da Xunta de Galicia pero un á deriva, o de Zapatero, o que fai é intentar suspendelo.

Ten toda a razón.

Ninguèn pode dubidar da eficacia das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia, que amosan – según recentes datos facilitados pola Consellería de Sanidade - que durante os primeiros 18 días do actual mes de febreiro, a aplicación do Catálogo supuxo un aforro de 4,67 euros, que se suman aos 3,9 millóns acadados na segunda quincena de xaneiro, desde que o catálogo se está a aplicar ó cento por centro, tras o período de adaptación, entre o 3 e o 17 de xaneiro.

O Goberno de España, pese a vontade de diálogo, e cooperación e a total dispoñibilidade da Xunta decidu intervir pola vía xudicial, recurrindo ao Tribunal Constitucional dando as costas aos intereses dos galegos dos seus representantes políticos e institucionais e dos pacientes e médicos.

Feijóo lamentouse de que o Goberno prefira o partidismo e a forza á razón, á racionalidade, á política social, á sustentabilidade do sistema sanitario, á creación de novos hospitais públicos e á ampliación do número de centros.

Rematou Alberto Núñez decindo que ante dous medicamentos que curan o mesmo, o responsable é optar polo máis eficiente, e non despilfarrar o diñeiro público e salientou que diante da absurda decisión do Goberno socialista agarda que os cidadans sigan facendo unha demostración de responsabilidade exemplar, os pacientes pedindo medicamentos xenéricos e os médicos prescribindo a alternativa máis eficiente.

Unha vez mais o meu apoio total a esta política seria de planificación, austeridade e rigor, acorde cos críticos momentos que vivimos.