miércoles, 15 de diciembre de 2010

Os Cadernos de Paris, de Domingo Tabuyo


Hoxe logo da xornada plenaria do Congreso tiven a fortuna de poder asistir a un acto singular. Tratábase da presentación na sala “Clara Campoamor” do Congreso dun libro de poemas, escrito en galego, titulado "Cadernos de París”, do que é autor o deputado por Pontevedra, Domingo Tabuyo.

É un belo poemario no que Domingo nos traslada os recordos do viaxe a unha cidade universal, París.

Grazas á xenerosidade do autor puiden ler un par de poemas, en concreto uns que fan referencia a algunhas das obras mais populares da arte mundial e que se exhiben no Museo do Louvre, como  a enigmática "Gioconda” de Leonardo da Vinci

Recomendo a todos que compren e lean este interesante poemario que publica a editorial Follas Novas de Santiago de Compostela, dentro da súa colección Libros dá Frouma.

Parabéns Domingo.