jueves, 14 de octubre de 2010

No faladoiro de Radio Voz: apupos, carbón e licitacions

Hoxe participei como todos os xoves as 8,30 horas no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, onde compartín micrófonos, cos deputados Xabier Carro e Francisco Jorquera, e co periodista Ernesto Sánchez Pombo.

Estivemos falando dos incidentes ocorridos na celebración da festa nacional o pasado 12 de outubro nos que houbo sonoros apupos ao Presidente do Goberno.

Sobre o particular a miña opinión foi contraria a estes apupos pois coido que non é razoable que o día da festa nacional, en presencia do Rei vértanse insultos e descualificacións a ningunha autoridade do Estado e máxime en momentos tan solemnes como o izado da bandeira ou a homenaxe aos caídos.

Defendín, como é natural, o dereito á liberdade de expresión das persoas, pero que o seu exericicio non pode pasar pola falta de respecto ou polo insulto. Hai posibilidades nunha democracia de expresar o desgusto polas actuacións dos responsables políticos sen interferir no normal desenvolvemento de actos de gran solemnidade. As urnas son o mellor medio.

Tamén estivemos falando sobre o decreto do carbón e as mobilizacións das comarcas das Pontes e Cerceda. Citei a miña coincidencia coas actuacións xurídicas que prepara a Xunta, en concreto o recurso ante o Tribunal de Luxemburgo e o Tribunal Supremo, e a cooperación que se pretende ter cos concellos afectados.

Finalmente adicamos unha parte do faladoiro a opinar sobre as recentes manifestacións de José Blanco sobre unha próxima licitación de 6.000 millóns de euros e sobre ese tema expreseime nos termos da entrada anterior deste blog.