sábado, 25 de septiembre de 2010

Romaría Popular de Silleda: seguimos...

Hoxe estiven en Silleda, e no  seu recinto feiral celebramos a Romaria Popular e xuntámonos máis de 12.000 simpatizantes e militantes do noso partido.

Interviron os catro presidentes provinciais, o secretario de Novas Xeracións, o Secretario Xeral Alfonso Rueda e o Presidente do PPde G, Alberto Núñez Feijóo.

 O nosso líder aproveitou para reiterar que os populares sempre irán coa verdade por diante, e tentarán que Galicia sempre sexa recoñecida como un lugar solvente, que transmite certezas.

Falou Feijóo, cando dos orzamentos xerais do Estado para 2011 nos que se subasta o interese xeral polos votos do PNV, sen importar o que o mesmo Goberno firmou un ano antes coas CCAA; e sucede que agora Galicia debe 2.600 millóns de euros que o Goberno de Zapatero dixo que os galegos tiñan e non existían e sucede que por negar a crise cos orzamentos durante dous anos (en 2008 e 2009) e agora resulta que todos os españois terán que traballar dous anos máis –dos 65 aos 67- para poder percibir a pensión que lles corresponde por dereito. 

Tamén apuntou que desde o rigor é o peor servizo que a Xunta lle podería prestar aos galegos é agrandar o burato de 2.600 millóns de euros que nos deixou o bipartito. Ademais, asegurou, desde a credibilidade, que os populares non farán ningún gasto que comprometa e poña en cuestión nin a estabilidade das contas dos galegos nin as prestacións esenciais en educación, sanidade e servizos sociais. 

Así, prometeu que cumprirían coa estabilidade orzamentaria, coas infraestruturas viarias e sanitarias comprometidas e con que Galicia tería blindadas as prestacións esenciais da educación, a sanidade e os servizos sociais que dependesen da Xunta.

Tamén Feijóo abordou o tema das eleccións municipais, das que dixo que serán decisivas para os concellos, para Galicia e para España. Para os concellos, porque están no seu peor momento financeiro e é o momento de tapar buratos e non afondalos coas beirarrúas do Plan E; para Galicia, para que poida consolidar un modelo de cooperación e poida camiñar cara un país vertebrado e igualitario; e para España, para que haxa un cambio de rumbo a nivel nacional e demostrar, desde os concellos galegos, que hai un modelo alternativo ás políticas prexudiciais. 

O noso presidente finalizou a súa intervención lembrando que o partido ten, ante si, 315 eleccións, 315 concellos e, como di o lema da xuntanza, 315 ilusións polas que contribuír a unha Galicia mellor e a unha España mellor e que se resumen nunha: recuperación. 315 ilusións, por tanto, e case 3 millóns de compromisos: cada un dos galegos.

Despois do mitin, xuntámonos nunha multitudinaria comida costeada por cada un de nos.

Seguimos adiante.