Encabezaba este grupo de profesionais, o seu presidente nacional, o aragonés Luís Romero que viña acompañado polos anfitrións galegos, ambos os ourensáns, Luís Sánchez Seoane e o seu pai Lito Seoane.
Foi unha ocasión estupenda para falar cos representantes deste sector profesional que tanto contribue á creación de emprego e a satisfacción personal dos consumidores.
A Asociación Internacional de Mestres Perruqueiros Intercoiffure naceu en 1925 en Alemaña, coa vontade de dar un novo impulso á perruquería internacional e reunir aos mellores profesionais do mundo baixo uns ideais de comunicación, respecto e amizade entre os seus membros. Na actualidade forman parte de Intercoiffure máis de 50 países, o que significa tres mil salóns no mundo; a Sección Intercoiffure España incorporouse a esta gran organización en 1984.
Mañá comezaran, a maioría deles, o camiño de Santiago ao tempo que coñeceran os seus acompañantes diversos lugares da provincia de Ourense.