jueves, 16 de septiembre de 2010

Falando da guerra de Afganistán en Radio Voz


Hoxe, entre outros temas, comentamos no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz, sobre a comparecencia do presidente Zapatero onte no Congreso, a instancias de 83 deputados do Grupo Popular para que explicase a situación actual e as perspectivas futuras do conflito bélico de Afganistán así como as súas implicacións para a misión das tropas españolas alí destinadas.

Fixen mención á intervención de Rajoy nese debate, na que afirmou que o Partido Popular sempre apoiará responsablemente ao goberno nas operacións militares das nosas Forzas Armadas. E que Zapatero debe recoñecer que as nosas tropas destinadas en Afganistán están nunha guerra e que debemos darlles os medios necesarios que garantan a súa seguridade.

Dixen que o Goberno non pode seguir ocultando a verdade aos españois e debe ter ben informados aos españois como o fan as demas demais democracias eurpeas con presenza en Afganistán.

E utilicei unha cita de Mariano Rajoy “É moi importante que os homes e mulleres que arriscan a súa vida en Afganistán saiban por que o fan, e poidan confiar en que a razón que lles ofrece o Presidente do Goberno sexa unha razón verdadeira”.