martes, 28 de septiembre de 2010

Obxectivos dos PGE 2011 para Ourense

O vindeiro xoves entrará no Congreso os Deputados o proxecto de Lei de  Presupostos Xerais do Estado para 2011 no de que terían que contemplarse as partidas necesarias para abordar os proxectos esenciais de investimento na nosa provincia, e nos prazos comprometidos.
 Sosteño que o baixisimo nivel de execución dos socialistas destes últimos anos, (en 2009 situouse nun 30%), e a esixencia do goberno central para que Galicia devolva 2.600 millóns de euros, que é consecuencia da mala xestión económica de Zapatero, supón un agravio e unha inxustiza para todos os galegos e para os ourensáns en especial, polo que o Executivo socialista está obrigado a facer un esforzo investidor e blindar compromisos que non se cumpriron coa provincia.
Obxectivos dos PGE 2011 para Ourense:
En materia de alta velocidade, os deputados populares ourensans esiximos que se aseguren presupuestariamente e se blinden todos os compromisos adquiridos que se recollen no Pacto do Obradoiro subscrito entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia o 21 de xullo de 2009.
 
Neste sentido, recordo que, no que a Ourense se refire, o Pacto prevé que a finais do ano 2011 deberá entrar en servizo a primeira liña de alta velocidade en Galicia entre Ourense-Santiago, con dobre vía electrificada e ancho internacional. E que entre finais de 2010 e principios de 2011 se contemplará a axilización do proxecto da estación de Ourense.

Para nos, o Executivo socialista debe incluír nos PGE para 2011 partidas suficientes para poder executar as obras e cumprir os prazos comprometidos para as liñas de alta velocidade a que se refire o Pacto do Obradoiro: Lubián-Ourense, Ourense-Santiago, Ourense-Vigo, Ourense-Lugo así como para a integración ferroviaria na cidade de Ourense.
Agardamos tamén a ver cal é a solución alternativa que se dá nos PGE do 2011 á conexión por AVE entre Monforte-Valdeorras-Ponferrada, xa que José Blanco anunciou que non a levaría a termo.

Entendemos que, en Galicia, é obrigado que o Goberno socialista dote presupuestariamente para 2011 as partidas para poder executar unha boa parte das obras de AVE que foron licitadas xa en 2009 (1.316 millóns), así como para completar os 3.362 millóns que teoricamente debían licitarse en 2010, dos que están pendentes a data de hoxe máis do 90 % .
Hai que recordar que estamos aínda pendentes da licitación na nosa provincia dos proxectos básicos da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre Lubián-Cerdedelo-Porto, de 62,6 km de lonxitude, pois aínda o 31 de xullo o Ministerio de Fomento iniciou coa publicación no BOE do correspondente anuncio, o proceso de información Pública e audiencia.
 Quedan tan só 99 días para finalizar 2010 e cumprir eses compromisos.

Por outra banda, os populares esiximos que de inmediato comecen en Ourense as obras do ave á Meseta. Un exemplo: o 26 de xuño tivo lugar en Vilar de Barrio a presentación polo Ministro, José Blanco, dos primeiros tramos da liña Lubián-Ourense. Recordemos que o Ministerio de Fomento, a través de Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), adxudicou en maio de 2010, por importe de 245.902.390 euros, as obras de tres subtramos Porto-Miamán, Miamán-Ponte Ambía e Ponte Ambía- Taboadela, 22 Km. Pois ben, o certo é que case tres meses logo daquel acto propagandístico do Ministro Blanco, as obras destes 22 km aínda non comezaron. Nin un metro cúbico de terra moveuse.

En materia de autovías e estradas esiximos:

A-56 Autovía Lugo-Ourense: tiña como data comprometida para a súa posta en servizo 2008-2010. En xullo Blanco dixo que esta autovía faríase máis rapidamente en canto a execución e desenvolvemento en réxime de colaboración público-privada, pero sorprendentemente decidiu anular os contratos vixentes. É imprescindible ver nos novos PGE para 2011 unha consignación para esta autovía, a que non renunciamos.

A-76 proxectada entre Ourense e Ponferrada, que leva máis de tres anos de atraso na súa tramitación. Trátase dunha conexión vital de Galicia con Castela-León e para a que o ministro Blanco comprometera a licitación do seu proxecto antes de fin do presente ano, pero con todo o proxecto non avanza. É imprescindible ver nos novos PGE para 2011 unha consignación para esta autovía esencial para Valdeorras.

Circunvalación norte a Ourense: é un viario que conectará as estradas N-525 e N-120 ao seu paso pola cidade de tan só 5,8 km. En febreiro de 2008 o Goberno respondía aos deputados populares ourensáns e dicía que estaba previsto que o proxecto puidese someterse a información pública no primeiro trimestre de 2010. Nada diso ocorreu e todo indica que o proxecto está abandonado. É o momento de relanzar esta estrada nos PGE para 2011.

Conexión entre as estradas N.120 e N.536 no Barco de Valdeorras: Urxe que se contrate o proxecto construtivo da circunvalación do Barco de Valdeorras, unha vía de tan só 6,5 quilómetros que o Executivo socialista de Zapatero leva atrasando desde fai varios anos e que permitiría desconxestionar de tráfico pesado a vila.

Investimentos doutros Ministerios:
Nos PGE para 2011 deben aparecer partidas para impulsar o saneamento e depuración dos nosos ríos, para a EDAR de Ourense, para o abastecemento de auga a Ourense, para a restauración hidrolóxico forestal das zonas louseiras, para a posta en servizo do Arquivo e da Biblioteca Pública de Ourense e para a execución das obras comprometidas nos regadíos da Limia.