martes, 3 de agosto de 2010

Unha boa nova: descende o paro en xullo, e de forma notable en Ourense



Acabamos de coñecer os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2010 o que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de xullo de 2009 e cos do mes anterior.

PARO REXISTRADO:

A 31 de xullo de 2010 había na provincia de Ourense: 23.333 parados rexistrados, 1.522 menos que en xuño de 2010 ( - 6,12 %) e 1.683 mais que en xullo de 2009.


Distribución por sexo

10.439 homes
12.894 mulleres


Distribución por idades

2.276 menores de 25 anos
21.057 maiores de 25 anos


Distribución por sectores

754 na agricultura, 3.655 na industria, 3.492 na construción, 12.490 nos servizos e 2.942 sen emprego anterior.

Sen dúbida unha gran noticia que 1.522 ourensáns atoparan un emprego en xullo, a baixada porcentual do paro mais importante da nosa Comunidade Autónoma.

En Galicia o paro redúcese en relación co mes anterior en unha cifra relevante 10.036 persoas (- 4,57 %). Pechamos xullo con 209.789 parados, 16.930 máis que fai un ano.


En España: O paro redúcese en relación co mes anterior en 73.790 persoas (- 1,85 %). Pechamos xullo con 3.908.578 parados, 364.483 máis que fai un ano.


Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal