lunes, 2 de agosto de 2010

As infraestruturas atrásanse

Hoxe o xornalista de “La Región”, Héctor Díaz publica un traballo no que analiza as reaccións de tres deputados, Francisco Jorquera, Domingo Tabuyo e eu mesmo en relación co anuncio do Ministro de Fomento o pasado 22 de xullo na Comisión de Fomento do Congreso sobre o impacto que o recorte orzamentario ía ter nas infraestruturas galegas. Recolle as miñas declaracións, entre outras que o ministro “non cumpriu con Galicia, xa que rescindiu obras que foran adxudicadas e ocultou información sobre os prazos de reprogramación das mesmas e que se demorarán entre 1 e 4 anos”.

Tamén cita a miña cualificación como “de unilateral e inxusta” a decisión de Fomento de rescindir contratos na A-56, unha obra básica para o reequilibrio territorial e que o goberno deulle a puntilla á A-56, que quedou sen data. Igualmente fai constar que me mostro crítico respecto da falta de prazos para a A-76, entre Ourense-Ponferrada, unha vía básica para a comarca de Valdeorras. Moi interesante, como sempre, é a valoración que fai nunha columna anexa o experto X. Carlos Fernández.