viernes, 6 de agosto de 2010

Excelente Plan da Consellería de Economía e Industria para dinamizar o mercado do automóbil en Galicia

Hai poucos días neste blog, criticaba abertamente ao Goberno de Rodríguez Zapatero e Miguel Sebastián por non cmplir as resolucións do Congreso e non prorrogar as axudas do Plan 2000E perxudicado gravemente ao sector da automoción.

En contraste con esta desidia, o Goberno galego, en concreto a Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra acaba de aprobar con gran acerto e no momento mai necesario o Plan para a dinamización do mercado do automóbil en Galicia. “Plan Re-Móvete Comercial 2010”

Non me sorprende esta eficacia do Conselleiro pois sendo diputado, o vigués Javier Guerra amosou no Congreso dos Deputados un altísimo interés polo sector da automoción que coñecía perfectamente; nese sentido recordo perfectamente a súa pregunta oral en Pleno o día 11 de febreiro de 2009, na que lle preguntaba a Sebastián sobre si tiña o Goberno previsto poñer en marcha algún tipo de plan de axudas directas para o sector da automoción.

Naquel momento o Ministro de Industria respostou con soberbia: “si a lo que Vd. se refiere es a ayudas directas para la adquisición de vehículos, la respuesta es no. Nuestro instrumento de apoyo a la adquisición de vehículos en el Plan Vive, que creemos es más eficiente en esta situación de restricción financiera”.
Meses despois non tiveron mais remedio os socialistas que atender as nosas demandas e as do sector e aprobar o Plan 2000E, que coas prórrogas agotou o seus orzamentos en xuño de 2010

Nace pois este Plan Plan Re-Móvete Comercial 2010 coa finalidade de contrarrestar a forte baixada das vendas, para evitar que medidas económicas desacertadas (como a subida do IVE) paren a traxectoria de recuperación do sector da automoción en Galicia e para ara axudar ao sector da distribución de automóbiles, composto nun 80% por pequenas e medianas empresas, e fortalecer a economía de Galicia.

Trátase dun Plan moito mais ambicioso que o Plan 2000E consensuado co sector e que busca protexer os 24.800 postos de traballo que xera o sector e que ademais agarda que preto de 200 empresas, do sector da distribución, sexan beneficiarias directas da reactivación do citado Plan.

Está intelixentemente programado este Plan xa que prioriza sectores de actividade estratéxicos, va dirixido a substitución de vehículos de mais de 10 anos ou con máis de 250.000 kms., a adquisición de vehículos comerciais ou turismos novos, de ata 30.000 € e contempla axudas para a modernización do parque móbil de autónomos, microempresas e pemes ou particulares en Galicia

Así, destinaránse axudas por valor de 6 millons de euros, que xerarán un volume de negocio de 140 millons de euros. Sumados aos 15,75 millons de euros do 2009 farán un total de 21,75 millons de euros en axudas.

Considero que este Programa posto en marcha poloa Xunta é unha excelente resposta para aopiar a un sector clave da economía galega, o da automoción, en todas as vertentes: fabricación, auxiliar de componentes, distribución e postventa.

Un gran exemplo que debería seguir o Goberno de Zapatero.