domingo, 27 de junio de 2010

Acto solemne de homenaxe ás vítimas do terrorismo


Hoxe estiven en Madrid asistindo ao acto solemne en recordo e homenaxe ás vítimas do terrorismo, organizado tras a decisión adoptada o pasado 11 de marzo, a través dunha declaración institucional subscrita por todos os grupos parlamentarios, de declarar o 27 de xuño como Día das Vítimas do Terrorismo.

Presidiron Don Juan Carlos e Dona Sofía.

A homenaxe comezou coa interpretación do Himno Nacional e a intervención do presidente do Congreso, que deu a palabra á súa Maxestade o Rei.

Entre outras cousas dixo: "Só desexo que o espírito da unidade, determinación e solidariedade desta conmemoración transcenda este Acto e impregne as nosas vidas e actuacións como corresponde a unha sociedade democrática e plural como é a española, comprometida coa convivencia en paz e en liberdade"

A continuación, gardarmos un minuto de silencio en memoria das vítimas. Para rematar, a Orquestra Sinfónica Chamartín interpretou o Larguetto da Serenata para Cordas, op 22, de Antonin Dvorak.

Ao termo do acto solemne, os Reis e os presidentes do Congreso e o Senado dirixíronse ao Vestíbulo de Isabel II, xunto aos presidentes do Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo, para saudar aos representantes das vítimas do terrorismo. Unha vez finalizado o saúdo, As súas Maxestades os Reis mantiveron un encontro con todos os asistentes ao acto no Salón de Pasos Perdidos.

Tiven a oportunidade de saudar as suas Maxestades e tamen a Mari Mar Blanco irma de Miguel Anxo Blanco, asasinado por ETA cando tiña tan so 29 anos e que repousa no cemiterio de Faramontaos, A Merca, e lle transmiti o afecto de todos os ourensáns

Nesta homenaxe participaron máis dun centenar de representantes das vítimas do terrorismo, membros da Fundación Vítimas do Terrorismo, a Fundación Alberto Jiménez Becerril, da Fundación Fernando Buesa, a Fundación Gregorio Ordóñez, da Fundación Manuel Broseta, a Fundación Miguel Anxo Blanco, a Fundación Tomás , a Fundación de Victimoloxía, a Fundación para a Liberdade e as distintas Asociacións de Vítimas do Terrorismo.

Sen dubida un emotivo acto.