domingo, 23 de mayo de 2010

Feijóo consegue que Blanco comprometa por segunda vez o cumprimento dos prazos do Pacto do Obradoiro

Na entrada do día 19 de maio daba conta de que había asistido á sesión da Comisión de Fomento do Congreso onde tivera lugar a comparecencia do Ministro de Fomento que anunciou que debido ao Plan de Axuste previsto polo Goberno, as actuacións tanto en estradas como en ferrocarrís van sufrir un atraso medio de polo menos un ano nos prazos de execución. E na que dixo que dese atraso vanse salvar aquelas obras que podan licitar ou complementar a través do Plan Extraordinario de Colaboración Público-Privada, pero sen desvelar a cales proxectos lle afecta.

Non desvelou como afectaría este recorte a Galícia aínda que dixo que todas as Comunidades Autônomas serán afectadas, no 2011, polo que sería preciso reformular todo o programa e limitouse a dicir que o tramo Ourense-Santiago de alta velocidade concluirá nos tempos previstos, en concreto no 2011, pero non aclarou se o compromiso da chegada do AVE a Galicia mantense para o 2015 o se demorará un ano mais. Mais expliicto foi cando dixo que non se farían dous dos AVES do Plan Galicia: AVE do Cantábrico e o AVE Ponferrada-Valdeorras-Monforte.

Como era previsible diante destas manifestacións relativas a reprogramación de actuacións o Presidente da Xunta de Galícia solicitu o 21 de maio por médio de carta ao Goberno central unha nova reunión da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro coa maior brevidade posible para determinar a situación actual do pacto asinado en xullo de 2009.

Tratábase de esclarecer que ningún dos AVE que neste momento están comprometidos no Pacto do Obradoiro van sufrir retrasos, e non se trata só do AVE entre Galicia e a Meseta, senón das liñas de alta velocidade do interior da nosa comunidade: o AVE a Vigo, a Ferrol, a liña Vigo-Ourense, o Eixe Atlántico e a liña entre Ourense e Santiago.

A resposta do ministro José Blanco foi rápida afirmando o mesmo dia 21 que nada cambiará en relación ao Protocolo de desenvolvemento da rede de alta velocidade a Galicia rubricado o pasado ano, pero engadindo que a única incidencia que podería alterar estes compromisos refírese aos informes técnicos negativos presentados pola Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León ao Ministerio de Medio Ambiente que segundo Branco impedirían que o Ministerio da Sra. Espinosa puidese conceder a exención da declaración de impacto.

Onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebraba a prontitude de resposta do ministro de Fomento, collendo póla súa palabra a José Blanco que por segunda vez e por escrito afirma que os prazos do AVE a Galicia non perigan. Finalmente dicía que polo tanto, o único que queda é licitalas, comprometelas e empezar a executalas.

E con respecto aos informes antes aludidos, o Presidente Feijóo ofreceuse a encargarse el mesmo dos correspondentes á Xunta para que o ministro Blanco se encargue dos informes do Ministerio de Medio Ambiente e da Administración do Estado afirmando que “os cidadáns non merecen este tipo de escusas”.

Certamente o Presidente Feijóo arrincou un segundo compromiso do Ministro de Fomento, que deberá cumprir para manter a súa palabra.