domingo, 23 de mayo de 2010

Os criterios ambientais e o AVE entre Lubián e Ourense


É uns obviedade dicir que todos os proxectos de infraestructuras están suxeitos o cumprimento dos criterios ambientais.

Cando en xullo de 2009, coa firma do Pacto do Obradoiro o Ministerio de Fomento se comprometeu a ter rematado o tramo de entrada en Galícia, Lubián-Ourense no ano 2015 coñecía perfectamente que habería de respectar o medio ambiente.

O órgano ambiental desta obra é o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, da que é titular á galega Elena Espinosa é o que ten que decidir si se fai declaración de impacto ambiental entre Lubián e Cerdedelo. É unha decisión que compete ao Goberno do Sr. Rodriguez Zapatero.

A Xunta de Galicia foi necesariamente consultada ao respecto e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza non emitiu informe negativo, senon que advirte das cautelas ambientais que deben terse en conta á hora de definir esse novo trazado do AVE

Polo tanto a Xunta cumpre co asua obriga e non está a dificultar nin a retrasar a construción do AVE entre Lubián e Ourense e pólo tanto o Ministério de Fomento non pode pretender utilizar á Xunta como xustificación das súas actuacións para faltar aos seus compromisos con Galicia.

É bastante chamativo que ante dos drásticos anuncios de recortes do gasto público feitos por Zapatero no Congreso o dia 12 de maio o Sr.Blanco e a Sra Espinosa non falaran de problemas en prazos, en trazado nin en orzamentos, e que despois desos anuncios comecen a plantexar os problemas e as escusas.

Agardamos que as conversas entre ambas Administracións sirvan para solucionar estas diferenzas