viernes, 5 de marzo de 2010

XX aniversario da UNED de A Rúa- Valdeorras.


Onte participei na Rúa no acto académico de celebración do XX aniversario da creación do Aula de Ensino Superior da Rúa- Valdeorras.

Desde o seu inicio pasaron por ese centro sobre 750 persoas e recibindo tutorías para ser titulados en psicoloxía, educación social, psicopedagoxía, traballo social e dereito.

Presidiu o acto o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez ao que asistiu o Presidente do Patronato, José Luís Baltar, o Director do Centro da UNED en Ourense, Jesús de Juana, o Alcalde da Rúa Luís Fernández e o coordinador do Aula valdeorresa, Avelino García Ferradal.

Foi de gran interese tamén a conferencia “Educar para ser felices” que impartiu a psicóloga María Jesús Álava.

Parabén á UNED que cumpriu e seguirá cumprindo o obxectivo de levar a educación superior, posibilitado o acceso aos estudos superiores a persoas que non poderían conseguilo por razóns de renda, polo seu lugar de residencia ou por calquera outra dificultade.