A pesar de que Zapatero afirmou en campaña electoral que a industria tomaría a substitución da construción, no mes de xaneiro de 2010 o Índice de Produción Industrial continuou caendo ata o 2,5% corrixido do efectos calendario (-4,6% sen axuste) por vixésimo mes consecutivo, despois de que no conxunto do 2009 rexistrase unha caída do 15,8% respecto de 2008, a maior da historia democrática.
A caída de Xaneiro (-2,5%) ha sido ata superior á de Decembro 2009 ( -1,5%).
Por destino económico dos bens, os bens de consumo duradeiro son os que máis caen (-17,1%), seguido da enerxía (-4,7%), os bens de equipo (-3,5%), bens intermedios (-1%) e para rematar os bens de consumo non duradeiro (-0,2%).
Por CCAA, once rexistran taxas negativas, destacando por baixo da media do índice xeral (-4,6%) as Illas Baleares coa maior caída nacional (-19%), seguido de Estremadura (-14,1%), Madrid (-12,8%), Asturias (-12,7%), Murcia (-11,4%) e Castela-A Mancha.
Polo lado contrario, rexistran taxas positivas Navarra (11%), Canarias (3,8%) Castela e León (2,9%), Aragón e Galicia (2,7%) e a Rioxa (0,9%).