miércoles, 3 de marzo de 2010

Soraya Sáenz de Santamaría en Ourense

Onte, invitada polo Foro a Rexión, estivo en Ourense Soraya Sáenz de Santamaría, a portavoz do Grupo Parlamentario Partido Popular no Congreso.
A sala de Caixa Nova na Avenida de Pontevedra, estaba chea a rebordar o que expresaba o enorme interese que espertaba a súa presenza.

Presentou a Soraya o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, destacando a categoría política desta muller e vaticinando un papel destacado para cando o PP alcance novamente a responsabilidade de gobernar España.

Sáenz de Santamaría falou con claridade da situación de España, e das propostas do Partido Popular para abordar a crise. E a continuación respondeu a todas as preguntas que lle foron expostas.
Felicidades a Soraya pola súa intervención.