martes, 2 de marzo de 2010

En Ourense volve a medrar o paro en febreiro

Acabamos de coñecer os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2010 que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de febreiro de 2009.

PARO REXISTRADO:

A 28 de febreiro de 2010 había na provincia de Ourense: 26.760 parados rexistrados (2.528 máis que en febreiro de 2009, cando houbo 24.232) e (391 mais que en xaneiro de 2010)

Distribución por sexo

12.356 homes
14.404 mulleres

Distribución por idades

2.607 menores de 25 anos
24.153 maiores de 25 anos

Distribución por sectores
933 na agricultura, 4.236 na industria, 4.050 na construción, 14.739 nos servizos e 2.802 sen emprego anterior.
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal