sábado, 13 de marzo de 2010

Galicia ten dereito a propiciar a fusión das súas Caixas

Hoxe estiven en Chantada para participar na reunión do Comité de Dirección do PPdeG que presidiu Alberto Núñez Feijoo.

O tema principal foi analizar a situación da Lei de Caixas Galegas que foi recorrida de inconstitucionalidade polo Goberno de Zapatero, por motivos políticos e partidistas e cun claro obxectivo: cercenar e limitar a posibilidade dun sistema financeiro galego solvente.

Unha normativa que é similar á doutras Comunidades que, por outra parte, non tropezaron coas trabas de Madrid por compartir cor política con Goberno socialista.

Quedou clara a nosa vontade de que debe seguir na negociación ata o final, de que non pactaremos nada con Madrid que non sexa a fusión das caixas galegas e que se ao final non fose posible un acordo, o Partido Popular de Galicia utilizará toda a súa potencia e toda a súa forza e toda a súa estrutura, conxuntamente con quen se queiran unir, para explicar quen foron os culpables dese aldraxe.