Hoxe no faladoiro dos xoves de Radio Voz falamos da primeira reunión da Comisión que o presidente Zapatero anunciou a pasada semana para o “Diálogo Político para a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego”.
Dixen que son moi escéptico no sentido de que haxa posibilidades reais de que esta Comisión sirva para algo positivo, entre outras cousas por que o documento base sobre o que traballar foi entregado onte ás 21 horas, un índice de apenas tres folios nos que non aparecen cifras ou datos concretos de como conseguir o que se pretende.
Apuntei que no entanto o anterior, o PP acode a esa reunión ben representado polos seus expertos económicos, Cristóbal Montoro e Álvaro Nadal e alí logo de escoitar exporán ao Goberno as reformas imprescindibles en materia económica que han de adoptarse se é que o executivo quere ter credibilidade.