Hoxe tras escoitar as manifestacións do Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrias puidemos constatar que a decisión, adoptada onte polo Goberno de Zapatero, de suspender as negociacións para a retirada do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas, foi premeditada e arbitraria e só persegue un obxectivo impedir o noso legitimo dereito a preservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión.
Constátase de xeito evidente que o Goberno socialista non ten argumentos xurídicos para afirmar que a Lei galega é inconstitucional pero si ten intereses políticos en bloqueala para que Galicia desapareza do mapa financeiro español.
Desde logo non imos admitiir que nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade da nosa lei, cando non o fixeron coaa basca, a catalá ou a andaluza.