jueves, 25 de febrero de 2010

Inaceptable falta de respeto aos galegos

Onte coñecín a resposta que a deputada Rosa Dez, lider de UPyD deu a unha pregunta que en CNN lle facía Iñaki Gabilondo para que definise a Zapatero con unha idea.

“Podería ser... galego, no sentido máis peyorativo do termo”.

Preguntado por Enrique Clemente, xornalista da Voz de Galicia manifestei a miña indignación por esta lamentable resposta que me pareceu absolutamente inaceptable máxime cando ven de parte dunha señora que é deputada e que ademais lidera un partido que di ser de ámbito nacional.

Engadín que se a Sra. Díez quere ser graciosa, hai programas de humor onde facer chistes, pero non debe facelos á conta dos galegos.

Finalmente esixinlle unhas expresas desculpas públicas que desde logo espero que se produzan de inmediato.

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2010/02/25/0003_8317708.htm