jueves, 11 de febrero de 2010

Deslealdade e trato desigual a Galicia



Hoxe como todos os xoves estiven en Radio Voz, e como a actualidade manda unha vez mais falamos das Caixas de aforro xa que como esperábamos a Abogacía del Estado presentou no Tribunal Constitucional a impugnación da Lei galega.

Afirmei que a posición do goberno de Rodríguez Zapatero é unha clara deslealdade institucional: recorreron sen o máis mínimo diálogo previo coa comunidade; argumentan como inconstitucional en Galicia o que eles mesmos consideran constitucional en Andalucía, Cataluña ou no País Vasco; e piden a suspensión inmediata de determinados artigos da Lei de Caixas, conducindo así ao sistema financeiro galego a unha situación de bloqueo e provisionalidade e, por tanto, de debilidade.


Dixen que onte Feijóo, anunciou no Parlamento, que a Xunta ten listo o recurso contra o FROB para presentalo se o 16 de febreiro, data en que está convocada a comisión bilateral Xunta-Estado non hai unha resposta satisfactoria que garanta as competencias estatutarias de Galicia, a Xunta non dubidará en presentar o recurso.


Desde logo respaldo a posición de tratar de aclarar as discrepancias ao respecto da Lei, sen quen ningún caso se vaia aceptar recorte algún nas competencias de Galicia. O obxectivo final e que o recurso sexa retirado e por iso non hai que perder tempo en comezar canto antes unhas negociacións vitais para Galicia.


Galicia loitará por non desaparecer do mapa financieiro español e por ocupar nel o lugar que merece.