miércoles, 10 de febrero de 2010

Cos mestres perruqueiros

O pasado sábado tiven a honra de asistir como invitado á Gala Intercoiffure que se celebrou no Hotel Palace de Madrid.

Intercoiffure é unha asociación internacional de mestres perruqueiros que agrupa aos estilistas máis importantes do mundo. A súa sección española está presidida polo prestixioso perruqueiro ourensán Lito Seoane.

Neste relevante acontecemento participaron os mais afamados perruqueiros de España, entre outros, Luís Llongueras, Luís Romero, Josep Pons e Alberto Cerdán, e recibiron os galardóns desta edición, as “Estrelas Intercoiffure” destacadas personalidades da cultura, as artes, etc e distincións profesionais, entre outros o tamén paisano Jorge Cachaldora.

A velada, tivo un xenuíno sabor galego e particularmente ourensán. Niso tivo moito que ver Lito Seoane, que no seu traballo por toda España e Europa fai sempre bandeira das súas orixes.

E é destacar que un evento deste nivel, coa presenza de multitude de medios de comunicación, estivese perfectamente organizado por unha empresa ourensá de gran prestixio SEREMPRESA con Juan José Feijóo á fronte.

Deste acto dá cumprida conta Moncho Conde Corbal no seu magnífico blog “El Cercano”


Unha satisfacción pois o compartir con estes mestres perruqueiros esta Gala, por ser ademais os máximos expoñentes dun importantísimo sector da nosa actividade económica, a perruqueria, máis de 62.000 empresas en España, xeradora de emprego – mais de 120.000 persoas- e ao que os poderes públicos deben prestar un especial coidado e atención.

Parabén moi especial a Lito Seoane.






-->


-->