O pasado xoves pola noite, recén chegado de Madrid, tiven a oportunidade de sumarme a unha das festas mais ancestrais de Galicia, o Entroido de Verín, cita obrigada dentro do panorama cultural e turístico da provincia de Ourense.
Nesa fría noite, sairon as comadres e encheron todos os restaurantes de Verín, coa animación das charangas.
Despois da cea, baixamos coa comitiva de Don Carnal polo Camiño Real alumeados polo fachos e chegamos a Casa do Escudo onde agardaba a Raíña do Entroido, Dona Elena.
Camiñamos desde San Lázaro ata a praza García Barbón e alí no palco o afamado locutor Vidal López, animaba os milleiros de mulleres, e de homes disfrazados de damas. Despois saudáron Dona Elena e Don Carnal, e seguidamente comezou a lectura dun divertido pregón a cargo do Xosé Carlos Caneiro, excelente escritor verinense; logo actuaron as Cantareiras de Ardebullo.
Unha festa extraordinaria nun dos vértices do triángulo máxico do entroido ourensan formado por Verín, Xinzo e Laza.
E sen esquecer outros entroidos como o da capital, o das terras de Viana, de Manzaneda, etc.
Merece a pena coñecelos e gozalos.