martes, 2 de febrero de 2010

Comisión de seguimento do AVE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu onte a Madrid a unha reunión co ministro de Fomento para tratar sobre o AVE e acompañado dos representantes dos grupos políticos do Parlamento de Galicia, co fin de propiciar unha maior participación e implicación pois trátase dun asunto de país que debe buscar o maior consenso posible, sen distinción de siglas políticas.

Por ambas partes foi valorado como óptimo o nivel de cumprimento do Pacto do Obradoiro asinado o 21 de xullo de 2009. No que respecta á conexión por AVE de Galicia coa Meseta, este pacto recolle que no que resta de 2010 se deberían licitar 3.217 millóns de euros, o que supón unha media de 300 millóns ao mes.

En relación co anunció feito no pasado Consello de Ministros de reducción do gasto público en 50.000 millons de euros, o ministro José Blanco garantiu que os recortes orzamentarios da Administración central non afectarán aos orzamentos establecidos para as infraestruturas ferroviairas de Galicia.

Tamen na reunion abordouse a conexión do AVE entre Galicia e Portugal, e a petición de Feijóo o ministro de Fomento se mostrou favorable a asinar un acordo co Goberno portugués para garantir a súa execución.

En relación ao AVE Vigo-Ourense por Cerdedo, no seo da comisión explicouse que técnicos do Goberno central realizarán unha visita técnica para pechar a Declaración de Impacto Ambiental neste mes de febreiro e, posteriormente, proceder ao encargo de redacción do proxecto básico desta infraestrutura ferroviaria dentro deste mesmo ano 2010 e, finalmente, licitar a obra mediante un proceso concesional.

Outro tema relevante do tratado foi o compromiso adquirido onte polo Ministerio de Fomento, a petición da Xunta de Galicia, para activar as comisións de seguimento da entrada do AVE nas cidades baixo a fórmula da intermodalidade. Tema de especial importancia para Ourense.