viernes, 29 de enero de 2010

Envellecemento: A poboación maior de 64 anos duplicarase en 40 anos

O Instituto Nacional de Estatística INE acaba de dar a coñecer a Proxección da Poboación de España a longo prazo (2009-2049) , unha simulación estatística do tamaño e estrutura demográfica da poboación que residiría en España nos próximos 40 anos, en caso de manterse as tendencias e comportamentos demográficos actuais.

Así segun o organismo oficial encargado da coordinación xeral dos servizos estatísticos da Administración Xeral do Estado, a estrutura demográfica actual da poboación de España e as tendencias demográficas actuais levaríannos a un escenario de reducidas taxas de crecemento poboacional futuro, o cal suporía un incremento de 2,1 millóns de habitantes nos próximos 40 anos. Desta forma, España rozaría os 48 millóns en 2049.

O grupo de idade de maiores de 64 anos duplicaríase en tamaño e pasaría a constituír o 31,9% da poboación total de España. E doutra banda, a poboación de 0 a 15 anos incrementaríase en 157 mil persoas (un 2,2%), pero a poboación de 16 a 64 anos, veríase diminuída en máis de medio millón de efectivos, un 18,4% do seu volume actual.

Segundo esta proxección do INE de cada 10 persoas en idade de traballar, en 2049 residirían en España case nove persoas potencialmente inactivas (menor de 16 anos ou maior de 64).

Outros datos do estudo oficial son que a taxa de dependencia elevaríase ata o 89,6%, desde o 47,8% actual; e a esperanza de vida ao nacemento alcanzaría os 84,3 anos nos homes e os 89,9 anos nas mulleres en 2048.

Desta proxección sen dúbida resaltaría as previsions relativas ao envellecemento poboacional con repercusión acusada en provincias como Ourense, que hoxe xa presentan elevadas taxas.