jueves, 28 de enero de 2010

Sobre o Xacobeo 2010




Hoxe xoves participei no habitual faladoiro de Radio Voz. O seu moderador propúxonos falar da polémica xerada pola supresión do cume de ministros de cultura da Unión Europea que se ía a celebrar en Galicia e que agora se celebrará en Barcelona segundo apuntou a ministra Gonzalez Sinde, por “razóns de equilibrio territorial”.



A miña posición respecto diso foi a de criticar esa decisión que esquece o feito extraordinario da celebración do primeiro Ano Santo Xacobeo do século XXI, que é un dos principias escenarios mundiais de producción e intercambio de cultura.

Incúmprese a palabra dada e prodúcese unha afrenta a Galicia por parte dun Goberno de España que non se compromete co Xacobeo.

Recordei tamén como o anterior bipartito da Xunta, o de Touriño e Quintana obvió a existencia do ano Xacobeo 2010 e non programou absolutamente nada de modo que cando o novo Goberno de Feijoo entrou a gobernar tivo que nun tempo record organizar todo e así xa hai máis de 500 actos xa confirmados cun orzamento de 26 millóns de euros.

Tamen falamos dá polémica xurdida con relación a recentes comentarios feitos polo Conselleiro de Cultura que suscitaron reproches dun grupo de escritores e dos partidos dá oposición, PSDEG e BNG, que mesmo chegaron a pedir a sua demisión.

Eu dixen que as reflexións do conselleiro foron malinterpretadas e sacadas de contexto" e que normal que os partidos da oposición critiquen ao Conselleiro e que a opinión moi respectable dun grupo de escritores debe matizarse cando moitos deles non ocultan a súa militancia nacionalista e socialista e criticaron sempre a política do Partido Popular.




Finalicei recalcando o compromiso indubidable de Roberto Varela coa cultura galega e que o tempo acreditará a súa xestión.