Hoxe coñecemos os datos da Enquisa de Poboación Activa correspondentes ao cuarto trimestre de 2009, elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
A economía española segue destruíndo emprego a taxas elevadas, o 1% en termos interanuais. O número de ocupados descendeu en 224.200 persoas, no IV trimestre e en 1.210.800 no último ano.
Cos datos divulgados resulta que en España, o paro incrementouse en 2009 en 1.118.600 persoas, un 34,87% máis, situándose o número total de desempregados en 4.326.500 persoas.
Aumenta a taxa de paro 9 décimas pasando do 17,93% ao 18,83%, moi lonxe da previsión do Goberno do 17,9% para 2009 e no nivel da previsión para todo 2010, 18,9%.
O número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro é de 1.220.000, 392.800 máis neste ano.
Tamén coñecemos que o número de parados subiu en Galicia en 39.400 persoas en 2009 respecto de 2008, o que representa un incremento do 30,53% no último ano, de modo que o total de desempregados en Galicia alcanzou a 31 de decembro de 2009 os 168.400 e a taxa de paro creceu ata o 12,88 % cando fai un ano era do 9,74%.
En Ourense a 31 de decembro de 2009 había 17.000 parados e 118.300 ocupados. A taxa de actividade sitúase no 46,81 % e a taxa de paro sitúase no 12,56 %.

Fonte: INE