viernes, 29 de enero de 2010

Anuncio de medidas de reducción do gasto público

Hoxe o Goberno socialista anunciou en Consello de Ministros un novo plan económico sobre a sustentabilidade das contas públicas que persegue – según afirman - reducir o déficit público ao 3% no ano 2013 e producir un aforro de 50.000 millóns de euros.

Desde o PP consideramos que nin é serio nin é crible que vinte e nove días logo de aprobado o orzamento nas Cortes Xerais e cunha nova Lei de Financiamento Autonómico aprobada por todos os parlamentos autonómicos, o Goberno presente hoxe este axuste orzamentario.

O noso coordinador económico Cristóbal Montoro cualificou de inadmisible a escusa que alegou a ministra Salgado para xustificar a adopción desta medida, porque todos os prognósticos, incluídos os do PP, advertían aos españois que o déficit público para este ano 2010 estaría cerca do 12 por cento, como hoxe confirmou o PSOE.

É evidente que o Sr. Rodríguez Zapatero perdeu claramente o control da situación cun desastre de política económica, errática, improvisada, a destempo que nos está levando á maior taxa de paro e á maior destrución de emprego da historia.Fronte a este descontrol, desde o PP lanzamos unha mensaxe clara: hai outra política económica posible que xera crecemento e emprego, como a que aplicou o Goberno do PP en anteriores lexislaturas.