miércoles, 18 de noviembre de 2009

Fin do pesadelo: os mariñeiros do Alakrana, liberados


-->
Hoxe foi un día de alegría ante a liberación dos mariñeiros secuestrados no Alakrana que 47 días despois os volven ser libres.

Estamos agardando que os tripulantes do atunero, oito deles de orixe galega, regresen pronto aos seus fogares e poidan reunirse coas súas familias, que tanto padeceron nestas semanas.

Agora que o pesadelo foi superado, é hora de que o Goberno socialista dé respostas ás moitísimas dúbidas que teñen todos os españois e de asumir responsabilidades.

Mariano Rajoy anunciou hoxe a petición de comparecencia urxente de Rodríguez Zapatero no Congreso dos Deputados para que explique o ocorrido, como se xestionou a crise, as decisións que se tomaron e para que nos digan dunha vez que é o que vai facer o Goberno para evitar que os buques españois sexan os máis apetecibles para os piratas e para os secuestradores en definitiva para garantir a seguridade dos mariñeiros que faenan en augas internacionais para que non volva haber outro ‘Alakrana’ nin outro ‘Playa de Bakio’.