Este venres estiven en Santiago de Compostela e comparecí diante dos medios de comunicación en rolda de prensa para reclamar ao Goberno central que subsane cos Presupostos Xerais do Estado a inxustiza cometida con Galicia no reparto de fondos adicionais da financiación autonómica. Dixen que unha rebaixa nos Presupostos Xerais do Estado na Comunidade sería o terceiro castigo de Zapatero a Galicia en tan só tres meses, tras o sistema de repartos aprobado e a subida de impostos.
A asignación dos Presupostos é, polo tanto, unha nova oportunidade que ten o Executivo para saldar contas e devolverlle a Galicia todo que lle leva quitado, xa que ano tras ano foi botando por terra boa parte das súas expectativas de desenvolvemento.
Neste sentido, lembrei que nos últimos cinco anos que leva Zapatero no poder, o Goberno central só tivo desprezos cara Galicia, obrigándoa, por exemplo, a devolver 1.900 millóns de euros ao Estado por culpa das malas contas deseñadas polo Executivo de Madrid. Ademais diso, afirmei que a Administración central deixou de gastar na primeira lexislatura de Zapatero un total de 2.000 millóns de euros, o equivalente ao 100% do presupostado para os Presupostos Xerais de 2009.
Por ese motivo, agardo que os recortes dos Presupostos anunciados polo Goberno afecten máis ás autonomías máis privilexiadas xa que non sería normal pedirlle o mesmo esforzo a Cataluña que a Galicia. Neste sentido, matizei que coa asignación destes Presupostos saberáse se Cataluña volverá a levarse o gato á auga, ou se esta vez a mellora da calidade de vida dos galegos estará por enriba dos intereses do PSOE no Congreso.
A este respecto, asegurei que o Executivo central non pode endosarlle unha vez máis a Galicia a factura da crise que non foi quen de xestionar, e sentencié que os galegos non pagarán polos erros de Zapatero con recortes no seu benestar. Por iso, a asignación de Galicia non pode baixar con estes Presupostos e, se é necesario facer recortes, estes deben facerse nas partidas destinadas ás Comunidades máis ricas.
Ademáis, lamentei que as recetas económicas de Zapatero sigan centradas en que os cidadáns axude ao Goberno a superar os efectos da crise, cando tería que ser o Goberno o que axude aos galegos a salir do bache.
Subliñei, polo tanto, que a partida dos Presupostos Xerais destinada a Galicia non se pode rebaixar. O xusto, sería incrementala pero en ningún caso se debe reducir.