Informou onte a Deputación Provincial de Ourense que o programa de Termalismo Social para o ano 2026 abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo 7 de xaneiro.
Termalismo todo o ano desde a primeira quenda do 19 de xaneiro
Para o ano 2026, os balnearios participantes habilitarán quendas desde o mesmo mes de xaneiro ata decembro, ofertando prazas que permitirán acudir aos balnearios da provincia en calquera data do ano a través do programa da institución provincial.
A principal modalidade do programa por número de prazas ofertadas será a de Estancias Termais de 6 días (5 noites) con aloxamento, pensión completa, 10 técnicas termais e acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal.
A primeira quenda ofertada nesta modalidade será a programada polo Balneario de Laias, que se iniciará o luns 19 de xaneiro, tan só 12 días despois de abrirse o prazo de solicitudes.
Modalidades, prezos e calendario en termalismourense.com
Desde hoxe, tod a información do programa estará dispoñible en www.termalismourense.com, que inclúe datos sobre os balnearios participantes: Arnoia, Eurostars de Allariz, Laias, Lobios, O Carballiño e Partovia.
Poderase consultar o contido das diferentes modalidades individuais do programa (Estancias Termais, Cultura Termal e Tratamentos Terapéuticos), así como os requisitos específicos e os servizos incluídos en cada modalidade.
Desde están xa dispoñibles os prezos. Como novidade este ano, os balnearios poderán ofertar un prezo único ou diferentes prezos en función da consideración de tempada baixa, media ou alta na que se habiliten quendas.
Na web atoparase un calendario de cada balneario coas quendas ofertadas e coa información sobre que meses considéranse tempada baixa, media e alta para cada establecemento termal.
