Achegome está mañá a rúa Seminario na cidade de Ourense para ver o estado das obras do asfaltado nesta rúa, enmarcadas no proxecto da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para a mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica, nas que se inviste máis de 2,8 millóns de euros.
Se tratan de actuacións na OU-413 encamiñadas a renovación e ampliación dos distintos servizos municipais como o abastecemento, o saneamento e unha nova iluminación pública.
Se levará a cabo o soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións e incluiranse varias preinstalacións de servizos como a rede de semaforización. Tamén se acometerá a ampliación das beirarrúas, a reordenación das interseccións, a aplicación dun novo firme e a renovación de toda a sinalización horizontal e vertical.
Trátase dun proxecto consensuado co Concello, que asumirá a titularidade da subida ao Seminario unha vez rematadas as obras, e no que tamén escoitamos as necesidades que nos trasladou a veciñanza, que verá moi melloradas as condicións para os seus desprazamentos.



