O 3 de outubro de 2019 visitei o concello coruñés de As Pontes para coñecer in situ a situación que estaban vivindo como consecuencia do anuncio de Endesa de pechar a central térmica que entrou en funcionamento en 1972.
Alí tiven oportunidade de falar co presidente da Asociación de Transportistas de Carbón das Pontes, e daquela coñecer a complicada e angustiosa situación na que se atopaban uns 150 camioneiros que viñan facendo o transporte de carbón á central e que levaban máis de cinco meses sen realizar viaxe algún como consecuencia da unilateral decisión empresarial.
Reclamaban unha solución para que houbera unha "transición xusta” que garantira a continuidade dos empregos.
Catro anos despois, en outubro de 2023 as caldeiras de carbón apagáronse para sempre, iniciando un proceso de desmantelamento da central que ten previsto rematar en xullo de 2028, da que só quedará como recordo da actividade industrial a cheminea do complexo de 356 metros.
Hoxe pola tarde a TVG deu en directo as imaxes da voadura das súas catro torres de refrixeración. Así desapereceron do horizonte artificial desta comarca uns dos emblemas da que durante anos foi a maior planta de carbón de España xogando un papel decisivo no seu suministro eléctrico.

En As Pontes 3 de outubro de 2019 
En As Pontes 3 de outubro de 2019 
En As Pontes 3 de outubro de 2019
