lunes, 13 de julio de 2026

A xunta dá luz verde á licitación das obras da rolda leste de Ourense, entre Bemposta e a estrada n-525, por un orzamento de 12,7 m€

 

Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación das obras da rolda leste de Ourense, que unirá Bemposta coa estrada N-525, por un orzamento de 12,7 M€.

A nova estrada, de 1,5km, discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, beneficiando a unha poboación de 110.609 habitantes. 


En concreto, o viario unirá a estrada OU-105 en Bemposta coa N-525 e completará a circunvalación polo sur da cidade conectando coa A-52. Iniciarase na glorieta existente na confluencia da estrada OU-105 coa OU-510, no núcleo de Bemposta, e desde este punto discorrerá en sentido suroeste para terminar na nova glorieta de conexión que permitirá o enlace coa N-525/OU-525 e coa autovía A-52.


Os traballos terán un prazo de execución de 30 meses. A Xunta prevé licitar as obras neste mes de xullo e adxudicalas ao longo deste segundo semestre do ano, para iniciar a súa execución no primeiro trimestre do 2027.


Con esta nova estrada, completarase un viario de circunvalación perimetral da cidade de Ourense de acordo co previsto no Plan sectorial viario de Ourense e a súa contorna. 


A actuación permitirá reducir o tempo de viaxe, cun importante acurtamento na

distancia de percorrido ata a autovía A-52, pasando dos 7 minutos e 4,6 km que son necesarios a día de hoxe entre Bemposta e a N-525 a pouco máis de 1 minuto e 1,7 km de lonxitude.


A intervención tamén suporá un reforzo da seguridade viaria, cunha aposta pola calidade de vida dos veciños ao sacar tráfico do centro de Ourense, desconxestionando o tránsito de rúas como Marcelo Macías ou a avenida de Zamora.