Pazos mostrou a súa preocupación polos cambios introducidos polos grupos que sustentan o Goberno central nun acordo que modifica radicalmente aspectos substanciais do texto consensuado por todas as forzas políticas galegas, sen contar coa Xunta de Galicia.
Os populares defenderán que Galicia asuma a xestión integral da autoestrada, incluíndo a planificación, explotación, conservación e política tarifaria, sen limitacións nin reinterpretacións posteriores.
Así mesmo, consideran irrenunciable que a transferencia non supoña ningún custo adicional para os galegos e que o Estado continúe asumindo todas as obrigas económicas derivadas da concesión.