jueves, 11 de junio de 2026

A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66.



Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela un acto titulado ‘As infraestruturas viarias do Noroeste’, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia e impulsada pola asociación En-Colectivo, cuxo presidente, Diego Maraña tamén asistiu.

 

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro co conselleiro de Mobilidade do Principado de Asturias, Alejandro Calvo; e a secretaria xeral da Consellería de Mobilidade da Xunta de Castela e León, Natalia Flórez; e os presidentes das confederacións empresariais das tres comunidades, firmaron o citado documento, como alianza para a defensa da AP-9 e da AP-66.

 

Lembrou que o Goberno galego vén de presentar o escrito de demanda para exixir a información que o Estado remitiu á Comisión Europea en relación co ditame sobre a prórroga da concesión da AP-9.

 

Incidiu en que o “Goberno debe asumir xuridicamente o ditame e, por outro lado, as tres CCAA nos dirixiremos á CE para que impulse con celeridade a conclusión do procedemento de infracción derivado do ditame”.

 

Neste sentido, avanzou que os “tres Gobernos autonómicos pedirán unha reunión co vicepresidente Executivo de Mercado Interior da CE, Stéphane Séjourné, para trasladarlle a preocupación ante unha situación de discriminación territorial que é inaceptable”.

 

María M. Allegue sinalou que a AP-9 presta servizo a máis do 60% da poboación galega e une as principais cidades. Criticou que mentres o Goberno libera peaxes noutros territorios, a AP-9 é cada vez máis cara. Puxo como exemplos os traxectos, só de ida, entre Ferrol e Tui, cun desembolso de 28€ e o da Coruña a Vigo, 21,40 m€.

 

Reivindicou que “o Goberno central rescate a AP-9 e proceda logo á transferencia da titularidade á Xunta, pero un traspaso financiado”. Lamentou que o Goberno negue o rescate, cando “o seu custe é equivalente ao que debe pagar polas bonificacións comprometidas ata a fin da concesión”.

 

Defendeu a transferencia da AP-9, que debe vir “financiada”, é dicir, sen cargas extra para a Comunidade, e coa certeza de que as futuras cargas que poidan xurdir dos procesos xudiciais abertos en relación coa autoestrada sexan asumidas polo Estado.

 

Fixo fincapé en que o traspaso ten que respectar o texto aprobado por unanimidade na Proposición de Lei Orgánica do Parlamento de Galicia, sen desvirtualo como pretenden agora grupos políticos como PSOE, BNG e Sumar.