Hoxe desde o PP de Ourense difunde esta nota de prensa:
O PP esixe a reparación urxente e integral do muro da N-120
no Pino ante a "inadmisible" parálise do Goberno central
· Os
populares lanzan unha ofensiva parlamentaria coordinada no Congreso e no
Parlamento de Galicia para poñer fin ao "illamento forzoso" dos
vecinos
· Denuncian
que, tras tres meses de apontoamento provisional, o Ministerio de Transportes
non ofrece prazos nin solucións definitivas, mantendo cortado un carril e
suspendido o transporte público na zona
6 de maio de 2026. O Partido Popular
endureceu a súa postura ante o grave deterioración das infraestruturas na
entrada a Ourense. A través dunha acción coordinada entre os seus
representantes no Congreso dos Deputados e o Parlamento de Galicia, a formación
esixe ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible a reparación
inmediata, integral e definitiva do muro de contención da N-120 á altura do
barrio do Pino.
O Congreso esixe datas
ante unha situación de risco
Os
deputados por Ourense, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana,
rexistraron unha batería de preguntas dirixida ao Gobierno tras cumprirse tres
meses desde que as intensas choivas de febreiro de 2026 obrigasen a apontoar o
muro por risco de derrube.
Desde
o PP denuncian que a solución provisional de colocar puntais inutilizou un dos
carrís de circulación nun vial estratéxico. "É decepcionante que, ante a
inquietude dos veciños, a resposta da Unidade de Estradas sexa que a solución
se proxecta a medio ou longo prazo", sinalan os deputados. Por iso,
pediron explicacións oficiais sobre a demora e esixiron coñecer a data exacta
de inicio e finalización das obras neste 2026.
O Parlamento de Galicia
denuncia o "illamento" do barrio
De
forma paralela, no Parlamento galego, os deputados Noelia Pérez, José Luis
Ferro e Argimiro Marnotes, xunto a outros membros do Grupo Popular, presentaron
unha Proposición Non de lei (PNL). Nela, instan a Xunta de Galicia a demandar
ao Ministerio unha actuación de urxencia que non só incumbe ao muro, senón
tamén ao carril de servizo e os accesos vinculados que presentan gretas e
fochas desde 2024.
A
iniciativa autonómica pon o foco na vulnerabilidade dos residentes,
especialmente das persoas maiores. "A supresión da parada de autobús nas
Torres do Pino está a obrigar aos veciños para camiñar longas distancias para
acceder a servizos básicos sanitarios ou administrativos", denuncian,
cualificando a xestión do Ministerio e a falta de previsión do Concello como un
"castigo inxustificado" a todo un barrio.
Unha veciñanza en pé de
guerra
A
indignación social alcanzou o seu punto álxido o pasado sábado 2 de maio, cando
os veciños do Pino ocuparon temporalmente a N-120 para visibilizar a súa chea.
O Partido Popular apoia estas mobilizacións e critica a "falta de
transparencia e comunicación directa" cos afectados, quen a día de hoxe
descoñecen o alcance real dos danos técnicos.
"Non
podemos permitir que unha cidade como Ourense manteña unha das súas arterias
principais en situación de precariedade viaria e inseguridade de forma
indefinida. Esiximos responsabilidade e realidades, non máis promesas a longo
prazo", conclúen desde as filas populares.
