viernes, 10 de abril de 2026

Lembramos hoxe o 50 anversario do pasamento de Don Ramón Otero Pedrayo, o gran Patriarca das letras galegas

 

Foto publicada na web da Fundación

Lembramos hoxe o 50 anversario do pasamento  de Don Ramón Otero Pedrayo, o gran Patriarca das letras galegas, pertenceu á Xeración Nós. Extraordinario orador, traballou distintos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais de estudos científicos xeográficos na súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela.

Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da II República. Acadou acta pola circunscripción de Ourense nas eleccións que tiveron lugar o 28 de xuño 1931.  Xurou o seu cargo o 27 de xullo de 1931 e causou baixa o 9 de outubro de 1933.

Consta na web da Fundación que leva o seu nome que “o 10 de abril de 1976, cando o reloxo da catedral ourensán daba ás oito da mañá, o escritor falecía na súa casa da rúa da Paz.

O multitudinario funeral, celebrado dous días despois, reuniu a boa parte da intelectualidade galega e a moitas persoas expresamente chegadas de toda Galicia para honrar a quen con xustiza se ten dado en chamar Patriarca das letras galegas.

Vestido co hábito franciscano e envolto na bandeira galega tal e como era o seu desexo, o seu corpo descansa no cemiterio de San Francisco, xunto aos de súa nai e súa esposa. Na discreta lousa que cobre os seus restos pódese ler: “Acouga no amor dos galegos e na paz de Deus”.

https://fundacionoteropedrayo.org/os-ultimos-anos/

Nesta foto do “Cortexo fúnebre de Ramón Otero Pedrayo” o seu cadaleito acababa de pasar xunto diante do comercio de calzado da miña familia no número 3 da rúa da Paz.

Foto publicada na web da Fundación