Os socialistas persisten agora na Comisión de Transportes, no arbitrario bloqueo á constitución da ponencia da proposición de lei orgánica (PLO) da transferencia da AP-9 a Galicia.
Hoxe na Mesa da Comisión foi novamente rexeitada a demanda de PPdeG (Celso Delgado) e de BNG (Néstor Rego) de que o vindeiro martes 24 tivera lugar a constitución da ponencia.
Levamos con este boicot en Comisión desde novembro de 2025….
E compre lembrar que, a pesar de acordarse a súa tramitación polo procedemento de urxencia xa no ano 2024, a Mesa do Congreso prorrogou o prazo de presentación de emendas ata en 60 ocasións desde que chegou Sánchez —45 nesta lexislatura—
