domingo, 29 de marzo de 2026

O Goberno amosa indiferencia á reclamación para executar no ano 2026 na “Ponte Nova” de Ourense as tan necesarias actuacións de reparación e posta en valor

 


Os deputados ourensáns do PP no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistramos o 20 de febreiro de 2026 no Congreso estas preguntas escrita dirixidas ao Goberno:

¿Recoñece o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible a necesidade de realizer na Ponte Nova de Ourense as labores de limpeza da sillería e peitorís, de eliminación de maleza e pintadas vandálicas, de actuacións para solucionar problemas de humidades baixo os arcos e repintado da estrutura metálica, etc?

¿Comprometerase o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible a executar no ano 2026 na “Ponte Nova” de Ourense as tan necesarias actuacións de limpeza da sillería e peitorís, de eliminación de maleza e pintadas, solucionar problemas de humidades baixo os arcos, etc.?

A resposta do Goberno socialista chegou o 25 de marzo de 2026 e foi a seguinte: En relación con el asunto interesado, se señala que el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible realiza un mantenimiento de forma continua, priorizada y programada de las estructuras de la Red de Carreteras del Estado, en función de la urgencia y de las disponibilidades presupuestarias”

En el Puente Nuevo de Ourense, en 2018, se ejecutó una limpieza integral y el mantenimiento y reparación de algunos elementos, además de una iluminación decorativa”


VALORACIÓN DA RESPOSTA

Chama atención a “displicencia “coa que o Ministerio de Transportes contesta a nosa pregunta sen pronunciarse sobre a necesidade de facer labores de limpeza e reparacións na Ponte Nova de Ourense. Como se fora unha estrutura máis da rede de estradas, cando é un incono da nosa cidade.

Todos os que vivimos en Ourense sabemos que esta ponte singular inaugurada en xullo de 1918 precisa de labores de limpeza da sillería e dos peitorís, de eliminación de maleza e de pintadas vandálicas realizadas por desaprensivos, de actuacións para solucionar problemas de humidades baixo os arcos, e repintar a estrutura metálica, etc.

Lembramos que o 8 de maio de 2018 o Ministerio de Fomento, sendo o titular Iñigo de la Serna, con motivo do Centenario da posta en servizo da “Ponte Nova” en Ourense, publicou unha nota de prensa dando conta de que estaba a executar diversas actuacións para a reparación e posta en valor desa estrutura singular. Dicía aquela nota que “o orzamento aproximado desta actuación ascende a 100.000 euros. Actualmente estanse realizado actuacións de limpeza da sillería e peitorís da ponte. Tamén se están facendo labores de despexe de vexetación ao redor da estrutura. Ao longo dos próximos meses está previsto reparar o firme na ponte e as súas proximidades e realizar un repintado do mesmo.  Tamén se reparará e mellorará a iluminación desta estrutura para realzar o seu carácter monumental”

Certamente esas actuacións foron  executadas en 2018 e serviron para realzar este monumento icónico dentro do patrimonio arquitectónico de Ourense. Un selo de Correos emitido ese mesmo ano dentro da serie denominada «Efemérides» conmemorou coa imaxe desta ponte o seu Centenario.

A realidade é que pasaron xa máis de sete anos e medio da conmemoración daquel centenario, polo que é moi necesario que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) sexa sensible e execute as actuacións solicitadas, antes que o deterioro avance.

Debería tomar bo exemplo o MITMS dos traballos contratados pola Xunta de Galicia e finalizados en setembro de 2025 para o mantemento dos paramentos e taxamares da “PonteVella” de Ourense que incluíron a retirada manual da vexetación e maleza nos paramentos de cantería, así como a limpeza das xuntas coa eliminación de terra e raíces.  

Seguiremos insistindo na nosa demanda.