martes, 24 de marzo de 2026

Despois de meses de bloqueo, o xoves 26 ás 8.30 terá lugar no Congreso a constitución do relatorio da PLO de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia


Esta mañá participei nunha reunión da Mesa e voceiros da Comisión de Transportes, antes da comparecencia do presidente de ADIF.

Nesa reunión novamente urxín a constitución inmediata do relatorio da PLO de Transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia e propuxen como data, o xoves 26 ás 8,30 horas, antes da sesión plenaria.

O PSOE quixo de novo dilatar a súa celebración ata pasada Semana Santa, o 14 de abril, pero insistín en que podiamos facelo o xoves, media hora antes que o pleno. O deputado do BNG, Néstor Rego secundou a miña proposta e insistiu nela e tamén asentiron outros voceiros, polo que o criterio do PSOE non prosperou.

Despois de meses de bloqueo, o xoves 26 ás 8.30 terá lugar no Congreso a constitución do relatorio da Proposición de ley orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia.