jueves, 19 de febrero de 2026

 


Os deputados ourensáns do PP no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistramos o 11 de decembro de 2025 no Congreso esta pregunta escrita dirixida ao Goberno:

¿Comprometerase o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible a executar no ano 2026 na “Ponte Nova” de Ourense as tan necesarias actuacións de limpeza da sillería e peitorís, de eliminación de maleza e pintadas, solucionar problemas de humidades baixo os arcos, etc.?

A resposta do Goberno socialista chegou o 17 de febreiro de 2026 e foi a seguinte: En relación con el asunto interesado, se señala que el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible realiza un mantenimiento de forma continua, priorizada y programada de las estructuras de la Red de Carreteras del Estado, en función de la urgencia y de las disponibilidades presupuestarias”



VALORACIÓN

Chama atención a displicencia coa que o Ministerio de Transportes contesta sen facer mención algunha a petición de efectuar as necesarías limpezas e raparacións na Ponte Nova de Ourense. Como se foa unha estrutura máis da rede de estradas en lugar dunha ponte emblemática.

Todos os que vivimos en Ourense sabemos que esta ponte singular inaugurada en xullo de 1918 precisa de labores de limpeza da sillería e dos peitorís, de eliminación de maleza e de pintadas vandálicas realizadas por desaprensivos, se actuacións para solucionar problemas de humidades baixo os arcos, e repintar a estrutura metálica, etc.

Lembramos que 8 de maio de 2018 o Ministerio de Fomento a cuxo fronte estaba Iñigo de la Serna, con motivo do Centenario da posta en servizo da “Ponte Nova” en Ourense, publicou unha nota de prensa dando conta de que estaba a executar diversas actuacións para a reparación e posta en valor desa estrutura singular. Dicía que “o orzamento aproximado desta actuación ascende a 100.000 euros. Actualmente estanse realizado actuacións de limpeza da sillería e peitorís da ponte. Tamén se están facendo labores de despexe de vexetación ao redor da estrutura. Ao longo dos próximos meses está previsto reparar o firme na ponte e as súas proximidades e realizar un repintado do mesmo.  Tamén se reparará e mellorará a iluminación desta estrutura para realzar o seu carácter monumental”

Estas actuacións foron  executadas en 2018 e realzaron este monumento icónico dentro do patrimonio arquitectónico de Ourense. Un selo de Correos emitido ese mesmo ano dentro da serie denominada «Efemérides» conmemorou coa imaxe desta ponte o seu Centenario.



Pasaron xa máis de sete anos e medio da conmemoración daquel centenario e é moi evidente que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) sexa sensible e execute as actuacións solicitadas.

Debría tomar bo exemplo o MITMS dos traballos contratados pola Xunta de Galicia e finalizados en setembro de 2025 para o mantemento dos paramentos e taxamares da “PonteVella” de Ourense que incluíron a retirada manual da vexetación e maleza nos paramentos de cantería, así como a limpeza das xuntas coa eliminación de terra e raíces.

 Seguiremos insistindo na nosa demanda.