O Partido Popular de Ourense condenou hoxe os actos vandálicos rexistrados esta pasada noite na súa sede coa pegada de carteis na fachada das súas oficinas, nun ataque que só pretende “xerar un clima de confrontación e conflitividade” por parte do independentismo galego.
O vandalismo contra á sede do PP ourensán, que tamén se reproduciu noutras sedes galegas, constitúe un “rexeitable exemplo de incivismo e falta de convivencia democrática”, atacando os espazos de representación política e polo tanto tamén dos cidadáns.
O PP de Ourense lamenta que utilícense os espazos privados dun partido político como “diana” para as reivindicacións e propaganda allea de formacións e grupos do independentismo galego, que dá mostras unha vez máis de non entender que as sedes dos partidos políticos son espazos que merecen todo o respecto. Atacar unha sede política, “sexa cal sexa”, “só demostra “intolerancia”, subliña a dirección provincial.
O Partido Popular fai un chamamento á responsabilidade e ao civismo, lembrando que a liberdade de expresión ten múltiples canles para expresarse, “pero xamais pode ser atacando as sedes dos adversarios políticos. Este tipo e accións non vai distraernos do noso compromiso para seguir traballando pola provincia.
