viernes, 27 de febrero de 2026

Un estudo do equipo do investigador José Tubio acredita o gran talento investigador que posúe a I+G+i

Hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación dos resultados da investigación do grupo Mobile Genomes do CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre o funcionamento de células tumorais, coincidindo coa publicación do estudo na prestixiosa revista Science, unha das dúas de maior impacto científico mundial e publicada pola Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia (AAAS).

Este estudo, liderado polo investigador Oportunius Jose Tubío, descubre un mecanismo ata o de agora descoñecido polo que certas pezas móbiles do ADN humano poden provocar grandes reorganizacións dos cromosomas en células tumorais. O descubrimento deste mecanismo mostra que os elementos móbiles son actores relevantes que poden xerar mutación e contribuír á orixe e a progresión do cancro, abrindo novas vías de investigación sobre futuros tratamentos.

Neste sentido, o titular de Ciencia do Goberno galego puxo en valor este estudo e a investigación que “hai detrás, un equipo de persoas que representan a Galicia Calidade e que forman parte a través do CiMUS da Rede CIGUS, conformada polos centros de investigación universitarios máis excelentes de Galicia”. Román Rodríguez, quen trasladou os parabéns ao grupo e a este centro da USC, salientou que este “fito é mostra do gran talento investigador que posúe a I+G+i, algo polo que apostamos desde a Xunta”.

Unha das prioridades do Executivo autonómico en materia de ciencia é a atracción, retención e captación de talento, como se indica no Plan galego de investigación e innovación 25-27. De feito, a Xunta conta con numerosas medidas que reforzan esta aposta polo talento, entre as que destacan o programa Oportunius, o apoio á Rede CIGUS ou o apoio da carreira investigadora desde as etapas iniciais ata o final.