viernes, 13 de febrero de 2026

Na presentación do primeiro volume “Do Ourense antigo e outras colaboracións” de Otero Pedrayo

 


Asisto esta mañá no Liceo á presentación da reedición do primeiro volume “Do Ourense antigo e outras colaboracións”, unha colección de tres tomos que recompila a extensa produción xornalística do Don Ramón Otero Pedrayo e que recolle os artigos publicados na Rexión entre 1958 e 1960.

O proxecto, é froito da colaboración entre a Fundación Otero Pedrayo e La Región, rescata e pon en valor a visión do escritor sobre a evolución da súa cidade e o seu tempo. 

O acto contou coa participación do Conselleiro de Cultura, o José López, o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e Martín Outeiriño, da Región.